CRTVG

Buscar

Carolina Bescansa encabezará a lista do partido de Errejón na Coruña

Publicado o 04/10/2019 20:27
Carolina Bescansa encabezará a lista do partido de Errejón na Coruña

A ex-deputada de Podemos e cofundadora da formación morada, Carolina Bescansa, será a cabeza de lista do novo partido de Íñigo Errejón, Máis País, pola Coruña, unha das circunscricións nas que se presentará en Galicia. Así o confirmaron a Efe fontes de Más País, que está a ultimar as listas coas que se presentará ás eleccións do próximo 10 de novembro antes de que este luns día 7 peche o prazo para formalizar as candidaturas. Bescansa non concorreu nas listas de Unidas Podemos do mes de abril tras o seu distanciamento da dirección do partido e as súas discrepancias coas estratexias políticas da cúpula de Pablo Iglesias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí