CRTVG

Buscar

Carnota despide hoxe os dous irmáns falecidos o luns nun accidente de tráfico

Publicado o 13/06/2018 14:02

As bandeiras do concello de Carnota ondean a media hasta. A vila está de loito. Os veciños de Ismael e Ainara seguen conmocionados. Os compañeiros do club de fútbol onde xogaba o mozo e os do instituto onde estudaba a irmá aínda non conseguiron reaccionar.

Polo momento descoñécense as causas polas que o coche que conducía o mozo saíu da vía. A Garda Civil investiga o sinistro. O condutor do outro coche implicado neste suceso e que sufriu feridas leves xa foi dado de alta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018