CRTVG

Buscar

Carnota declara dous días de loito oficial pola morte dos irmáns de Vadebois

Publicado o 12/06/2018 22:55

O Concello de Carnota declarou dous días de loito oficial polo accidente de tráfico en que morreron dous irmáns de 20 e 14 anos da parroquia de Caldebarcos. Os veciños están desolados.

As bandeiras do concello de Carnota ondean a media hasta. A vila está de loito.

Os veciños de Ismael e Ainara seguen conmocionados. Os compañeiros do club de fútbol onde xogaba o mozo e os do instituto onde estudaba a irmá aínda non conseguiron reaccionar

Polo momento descoñécense as causas polas que o coche que conducía o mozo saíu da vía. A Garda Civil investiga o sinistro. O condutor do outro coche implicado neste suceso e que sufriu feridas leves xa foi dado de alta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2018