CRTVG

Buscar

Carmen Pomar: "PISA avala que temos un sistema estable, de calidade e que é referencia para outras comunidades"

Publicado o 10/12/2019 11:11

A conselleira de Educación destacou no Bos días o esforzo de toda a comunidade educativa tras os resultados do informe PISA, cos alumnos galegos na primeira posición de España en ciencias.

"O informe PISA avala que temos un sistema educativo estable, de calidade e que ademais é referencia para outras comunidades. Somos a primeira en competencias científicas e aí estamos no quinto posto en matemáticas", afirmou Carmen Pomar.

Nunha entrevista no informativo matinal da TVG, a conselleira de Educación, explicou que o seu departamento aposta pola excelencia pero tamén polo apoio aos alumnos con dificultades e cre que destrás diso están as baixas cifras de abandono escolar e Galicia.

"Temos un programa que este ano se vai chamar Refórzate. Creo que esas horas a maiores que se destinan para incentivar os alumnos con máis dificultades provocan que Galicia sexa unha comunidade cunha das taxas de abandono escolar máis baixas do Estado. Estamos neste momento nun 12,7%".

Tamén falou a conselleira da OPE en educación convocada para o ano próximo. Cre que axudará a situar a taxa de interinidade dos profesores nun 5%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí