CRTVG

Buscar

Carmen Pomar, Xosé González e Fabiola García toman posesión do seu cargo

Publicado o 27/09/2018 21:05

Esta é a nova foto de familia do Goberno galego, que suma unha carteira, a de Cultura e Turismo. Os tres novos conselleiros, Carmen Pomar, Xosé González e Fabiola García, e mailos tres que cambian de competencias, Ángeles Vázquez, Román Rodríguez e Ethel Vázquez, xuraron esta mañá o seu cargo no Pazo de Raxoi.

A nova conselleira de Educación, Carmen Pomar, doutora en Psicoloxía e experta en atención ás altas capacidades, di que afronta o cargo coa experiencia de levar 20 anos de traballo na universidade ao servizo da sociedade.

Para Fabiola García, titular de Política Social e ata agora directora xeral de Maiores e Discapacidade, o reto para o que resta de lexislatura é conseguir unha Galicia máis inclusiva, apoiar a natalidade e frear a perda de demografía.

Xosé González, inspector de Facenda moi vencellado ao sector vitivinícola, asegura que sempre teimou en cambiar a idea de que no rural non había futuro.

Neste acto tamén xuraron o cargo os conselleiros que mudan de competencias. Ángeles Vázquez asumirá Medio Ambiente, Territorio e a partir de agora tamén Vivenda, Ether Vázquez, titular de Infraestruturas, que se fará cargo das competencias hidráulicas; e Román Rodríguez, que deixa Educación e suma a Cultura Turismo, a nova carteira desta remodelación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2018