CRTVG

Buscar

Carmen Núñez: "É necesaria máis información para a normalización social da saúde mental"

Publicado o 11/10/2018 10:18

Hoxe, no tempo da Entrevista, falamos de saúde mental coa psiquiatra Carmen Núñez.

O reto é a integración. "A saúde mental ten un estigma asociado moi grande. A xente vén con moito medo á consulta. E a poboación en xeral, cada vez menos, ten certo medo á saúde mental". 

"A imaxe que ten moita xente é a do psiquiátrico, a xente que está no manicomio, que está moi moi enferma e que ten que estar alí encerrada. Dende os anos 80 fíxose a "despsiquiatrización", a xente pasou á comunidade, a ser atendida como o resto dos pacientes, en unidades de saúde mental e tamén nos seus domicilios". 

O abano de enfermidades mentais é moi amplo. Hai varios tipos: temos as do espectro da psicose (esquizofrenia, trastorno delirante...), os trastornos afectivos (depresións, trastornos bipolares), e os trastornos de ansiedade". 

As enfermidades mentais son multifactoriais, é dicir, hai unha parte que é xenética e outra que xorde.

"É necesaria máis divulgación científica, máis actos de normalización da situación, da saúde mental, máis información. Dende o colexio, centros de saúde, forzas de seguridade... todos formamos parte".

"O último informe da OMS di que a maior parte dos trastornos aparecen xa na infancia e na adolescencia. Dependendo da enfermidade, uns detéctanse antes que outros". 

"Calquera persoa, teña a enfermidade que teña, pode realizar un traballo sempre que a enfermidade estea estabilizada e ben tratada". 

"Eu creo que o que temos que saber é que é unha enfermidade coma outra calquera, e que precisa un tratamento e un seguimento. Dependendo do tipo, necesita un tratamento crónico ou episódico".

"A educación emocional como a entendo eu é aprender a xestionar as nosas propias emocións". 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018