Carmen Martínez: "Todos os países teñen unha cita desta natureza"
A directora do Foro da Toxa, Carmen Martínez, destaca desta a importancia de este encontro: "Todos os países teñen unha cita desta natureza, que congrega expertos, pensadores, politólogos, e España tamén o ten que ter. E que sexa na illa da Toxa é unha boa noticia para todos".
Un foro, que asegura a súa directora, nace con vocación de continuidade e permanencia, "e de cada ano superarse. Sei que é difícil, pero imos ser esixentes con nos mesmos".
Que estes debates se propoñan desde A Toxa, desde Galicia, é un plus segundo Carmen Martínez, polo feito de facerse desde un lugar lonxe dos centros de decisión: "Moitas veces debater desde fóra da centralidade faise cunha mellor perspectiva", afirmou.
En canto ao encontro entre González e Rajoy, entende a expectación que levanta, aínda que tamén destaca o resto dos debates: "Creo que son dúas persoas, que lles agradezo que quixeran participar. Non sei se coincidiron noutra ocasión, pero é moi bo que o fagan".