CRTVG

Buscar

Carmen Fernández: "A nova ITV, homologable en toda a UE, será máis esixente coa contaminación"

Publicado o 16/04/2018 10:13

Carmen Fernández Díaz, voceira das ITV en Galicia, acudiu á entrevista do Bos Días para falar dos novos controis da Inspección Técnica de Vehículos.

"O 20 de maio entra en vigor o novo decreto, a reforma vén motivada por unha transposición dunha directiva europea. A partir do 20 de maio, a ITV que se pase en España será homologable en toda a Unión Europea. Por iso, os controis serán máis esixentes. A UE incide na protección do medio ambiente".

"Preténdense implementar sistemas de diagnose a través un lector que funciona co ordenador de a bordo do vehículo para obter os datos relacionados coas emisións contaminantes".

"Os coches que van ter que incorporar esta tecnoloxía para a diagnose coinciden cos matriculados a partir do 2008. Os vehículos antigos, que non sexan históricos, non van ter que implementar esta tecnoloxía, pero si terán unha esixencia maior coas emisións".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018