CRTVG

Buscar

Carmen e Tino, dous centenarios que superaron a covid-19 e hoxe recibiron a vacina en Mos

Publicado o 05/01/2021 21:20

Entre os galegos que se vacinaron hoxe están os maiores da residencia Doral en Mos. Neste centro, agora mesmo libre de coronovirus, viven dous centenarios que superaron esta enfermidade e que  hoxe recibiron a primeira dose da vacina. Son Carmen e Tino, de 102 e 104 anos de idade. Os dous superaron o coronavirus e hoxe nos comentaron con nos  a súa confianza neste proceso de vacinación

A poucas horas de recibir a vacina Carmen e Tino xa pensaban na segunda dose. Coa esperanza de que todo acabe canto antes, este foi para eles o mellor agasallo de Reis.

Carmen foi asíntomática e di que non pasou o coronavirus. Unha enfermidade que superou Tino despois de vencer un cancro. E é que os dous están curtidos en batallas.

Emociona escoitalos e contaxian forza vital, a que probablemente lles fixo chegar así a esta idade.

Tino e Carmen, dúas historias de superación, de xenerosidade e de capacidade de adaptación aos tempos.

 

Noticias web

05/01/2021