CRTVG

Buscar

Carmen Calvo insiste en que "non dan as cifras" para un goberno de coalición con Unidas Podemos

Publicado o 14/07/2019 15:03

A vicepresidenta do Goberno en funcións insistiu este mediodía en que nas negociacións con Unidas Podemos primeiro teñen que falar de contidos e despois de nomes. Lémbranlle a Pablo Iglesias que non dan as contas para formar un goberno de coalición.

Carmen Calvo facía estas declaracións á entrada dunha conferencia sobre feminismo e igualadade en Madrid. Alí ltamén trasladou aos partidos da dereita a súa parte de responsabilidade para que haxa un goberno en España.

Mentres, Unidas Podemos reafírmase. Defende a súa consulta ás bases e insiste no goberno de coalición, "de maneira proporcional", din, "ao resultado das urnas". O seu secretario de Organización cre ademais que a repetición de eleccións non é a solución.

E engade que "non entenden" por que na marioría de países da UE, de comunidades autónomas e de concellos se pode chegar a acordos, "menos no Goberno do Estado" e culpan diso a Pedro Sánchez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019