CRTVG

Buscar

Carmen Calvo e Cristina Narbona non descartan un goberno en solitario

Publicado o 29/04/2019 10:11
Carmen Calvo e Cristina Narbona non descartan un goberno en solitario

A vicepresidenta do Goberno Carmen Calvo declarou na Cadena Ser que o PSOE formará un executivo progresista para buscar catro ano de tranquilidade e que intentará gobernar con 123 diputados. Calvo mostrouse partidaria de respectar a todo o mundo e falar con todo o mundo así como intentar que a cultura de colaborar se abra paso na política española.

Pola súa banda, a presidenta do PSOE, Cristina Narbona, afirmou en Radio Nacional que o seu partido non descarta gobernar en minoría despois do seu triunfo. Tamén dixo que non hai ningunha présa en tomar decisións sobre as posibles opcións. Narbona declarou que España necesita un goberno forte e non deu pistas sobre se Pedro Sánchez se inclinará no caso de pactos por un goberno con Unidas Podemos ou con Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí