CRTVG

Buscar

Calvo asegura que Sánchez e Torra acordarán o día 6 "data e fórmula" para iniciar o diálogo

Publicado o 02/02/2020 14:01

Carmen Calvo asegura que o tema catalán non impedirá aprobar os Presupostos xerais do Estado porque os dous debates "se poden separar". Nunha entrevista que publica este domingo o xornal El País, a vicepresidenta primeira do Goberno tamén di que a sociedade catalá poderá pronunciarse "sobre un acordo, pero non sobre unha ruptura". En canto ao aprazamento da mesa de diálogo con Cataluña, Calvo insiste en que foi un "malentendido". Di que as palabras de Torra fíxéronlles pensar que a lexislatura catalá remataba:

"A mensaxe é que a lexislatura catalá se alonga máis do que parecía. Nós como Goberno estabamos dispostos desde o día un a sentarnos nunha mesa de diálogo, que por outro lado acordamos sentarnos en 15 días e nós estabamos en disposición de facelo. Non temos ningún problema. Así que cando os presidentes se reúnan o día 6 imaxino que acordarán data e fórmula xa para traballar"

Noticias web

02/02/2020