CRTVG

Buscar

Carmen Avendaño: "A xente que tivo problemas non ten porque ser un marxinado toda a vida"

Publicado o 20/06/2019 11:16

A Fundación Érguete Integración celebra neste 2019 vinte anos da súa creación. A súa presidenta, Carmen Avendaño (Vigo, 1954), no Bos días, fixo este xoves balance do traballo da entidade no eido da inclusión laboral.

"Comezamos porque había colectivos, como os drogodepententes, que cando saían da droga non tiñan nin posibilidade de atopar traballo", dixo.

Ese labor foise ampliando cos anos e "agora mesmo traballamos na formación laboral con persoas que están en exclusión ou camiño dela, pero non só drogodepententes, senón tamén xente que sae de prisión ou parados de longa duración", afirmou Avendaño.

"Se unha persoa que comezou moi nova con problemas e non ten nin estudos, pasados os anos é unha persoa desestruturada", explicou, pero "a xente que tivo problemas non ten porque ser un marxinado toda a vida".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019