CRTVG

Buscar

Carmelo del Pozo non puido evitar a inestabilidade do Deportivo

Publicado o 08/10/2019 21:23

O director deportivo está no punto de mira dos afeccionados, que no canto de sinalar a Anquela pedían a dimisión dos responsables do proxecto.

Carmelo del Pozo chegou da man de Tino Fernández para devolver o equipo a Primeira. Tiña tan claro que o adestrador debía ser Natxo González que pagou a cláusula para que o Zaragoza o deixase marchar. Pero o Deportivo non se daba enganchado ao tren do ascenso e no mes de abril cambiouno por Jose Luis Martí. Dúas semanas despois dimitiu o presidente pero o cambio no banco non saiu por centímetros. O ascenso frustrouse en Mallorca. 

E a empezar de cero. A aposta foi Anquela e durou 10 partidos. Agora, quenda para Luis César Sampedro, sempre co aval do presidente. Dous presidentes, catro adestradores e cincuenta futbolistas en ano e medio. Carmelo del Pozo sobrevive e marca a política de fichaxes nunha época difícil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019