CRTVG

Buscar

Carmelo del Pozo: "O cadro de xogadores é competitivo, non hai que caer na ansiedade clasificatoria"

Publicado o 04/02/2019 17:51

E escoitamos decontado a Carmelo del Pozo. Analiza o peche do mercado, fala das ofertas que tiveron algúns xogadores do Deportivo e critica a política de canteira. Hai que cambiala de arriba a abaixo.

Todos os xogadores importantes do Deportivo tiveron ofertas no mercado de inverno, segundo Carmelo del Pozo. A máis potente recibiuna Vicente Gómez, da China.

Del Pozo revelou que o club centrou esforzos en evitar saídas, e estima que, pechado o mercado, o Deportivo mantén un cadro á altura dos mellores. Para iso, pide non caer na ansiedade clasificatoria.

Máis preocupación amosa o director deportivo branco e azul pola situación da canteira, en que anuncia unha viraxe radical.


 

Noticias web

04/02/2019