CRTVG

Buscar

Carmela Silva repite como presidenta da Deputación de Pontevedra, co apoio do BNG

Publicado o 03/07/2019 18:04

Este mércores quedou constituída a Deputación de Pontevedra saída das  eleccións do 26 de maio. Carmela Silva repite mandato coa maioría absoluta que lle outorgan os votos do PSOE e o BNG. Ambos partidos reeditaron goberno de coalición O PP non presentou candidatura alternativa polo que a de Silva foi a única que se votou. A presidenta asegurou, no seu discurso, que a loita contra o despoboamento e os dereitos das mulleres serán os eixos do seu mandato. César Mosquera, do BNG, será o vicepresidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019