CRTVG

Buscar

Carme fai a súa primeira tatuaxe aos 72 anos

Publicado o 30/12/2020 14:48

A tatuaxe é unha arte milenaria que ata hai pouco estaba rodeada de estigmas, pero que ultimamente se estendeu case como parte dun estilo de vida. Din os que lle gusta empregar a sua pel como lenzo que "nin as tatuaxes nos fan delincuentes, nin as gravatas nos fan decentes". E desa idea é Carme. Nunca lle gustaron nin pensou en facer unha, pero este ano raro que levamos e os problemas de saúde que atravesou fixéronlle mudar de idea.

Carme fixo 72 anos en outubro e daquela confesoulle á máis pequena dos seus 4 fillos o seu desexo. Decidiron entón prepararlle unha sorpresa para o Nadal.

Carme exhibe agora fachendosa o seu trevo. E paradoxos da vida, o seu desexo, ademais de cumprirse, parece que empezou a surtir efecto.

Din que o que proba, repite, aínda que sexa despois dos 70. E Carme non desbota volver pasar polo estudo de tatuaxes.

Nai e fillas presumen agora da sua nova conexión máis aló dos lazos de sangue.

Noticias web

30/12/2020