CRTVG

Buscar

Carlsen gaña o mundial de xadrez ante Caruana

Publicado o 28/11/2018 21:52

O Mundial de Xadrez xa ten dono e repite nome propio. Magnus Carlsen impúxose con autoridade a Fabiano Caruana. O norteamericano, que non conseguiu vencelo en ningunha das doce partidas previas, caeu hoxe nas rápidas por 3-0. Caruana soñaba con devolver o título aos Estados Unidos 43 anos despois, pero acabou pagando a superioridade do noruegués que retén a coroa mundial por segundo ano consecutivo.


 

Noticias web

28/11/2018