CRTVG

Buscar

A Revista

Carlos Seijo e Noela Seijo, director e directora de arte

Publicado o 22/01/2016 12:47

Falamos do documental que se estrea hoxe en Santiago, 'O espantallo amigo', sobre reflexións de Neira Vilas

Case dous meses despois do seu falecemento, hoxe imos descubrir unha nova obra de Xosé Neira Vilas. Unha, moi particular, que mestura a animación dun dos seus contos máis coñecidos, 'O espantallo amigo', cunha entrevista co propio autor.

Neira Vilas abriu as portas da súa casa de Gres para ofrecernos algunhas das súas últimas reflexións sobre a súa traxectoria vital e literaria antes da súa despedida definitiva. Ese documental estréase esta tarde en Santiago, e antes temos aquí dous dos seus responsables, Carlos Seijo, director, e Noela Seijo, directora de arte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

22/01/2016