CRTVG

Buscar

Carlos Saura ensaia un novo 'Don Giovanni' na Coruña

Publicado o 29/08/2019 10:11

A maldade e o inferno de Don Giovanni volven á Coruña da man de Carlos Saura, que muda o cine pola ópera para asinar a sua posta en escena.

Unha nova versión para un mito, que nestes tempos de denuncias de abusos sexuais segue de plena actualidade.

Para Saura hai moitos exemplos: "Mira este americano que acaba de morrer non hai moito. Si, hai moitos Don Xoán, pero espero que vaian desaparecendo".

Un personaxe tan perverso coma a aplaudida obra de Mozart e o libretista Lorenzo da Ponte, para moitos como o director musical Miguel Angel Gómez Martínez é a ópera das óperas: "Creo que ninguén a superou. Aínda que houbo óperas que foron unhas obras de arte tamén extraordinarias, pero verdadeiramente con Don Giovanni acádase unha culminación que ninguén soubo superar despois".

Na escena locen debuxos de Saura. Na música soará a Sinfónica de Galicia e voces como a do barítono Juan José Rodríguez que debuta como don Giovanni e define así o personaxe: "Para min representa o antihome, porque creo que os valores do home son facer felices as mulleres, a túa muller, eu teño dúas fillas...".

Don Giovanni é un vello coñecido dos afeccionados coruñeses. A ópera estreouse por primeira vez en España hai máis de dous séculos. O trece de setembro esta nova versión inaugura a tempada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2019