CRTVG

Buscar

Carlos Roma falounos de bolsos pequenos

Publicado o 05/03/2019 14:27

-O neno terrible da moda francesa sacou o que probablemente sexa o bolso máis pequeno do mundo.

-Ikea plántalle cara a Balenciaga e saca a que pode ser a bolsa da compra máis bonita do mundo.

-Un bolso que dentro trae un compartimento para poder levar viño e servir unha copa cando che apeteza.

Hai unha chea de dispositivos para levar bebidas escondidas. Ides alucinar!

Como non imos facer apoloxía do consumo de alcol, vemos uns datos do último informe da OMS:


- 2,3 mil millóns de persoas no mundo son bebedoras. Máis da metade da poboación.

- As bebidas espirituosas son o máis consumido no mundo (44,8%), seguido da cervexa (34,3%) e o viño (11,7%).

- En todo o mundo, máis da cuarta parte (26,5%) dos mozos entre 15 e 19 anos son bebedores. Uns 155 millóns de rapaces e rapazas.

- En 2016, o consumo de alcol causou máis de tres millóns de mortes no mundo (o 5,3& de todas as mortes). A mortalidade é maior que a da tubercolose, a sida ou a diabetes.


- Hai 237 millóns de homes e 46 millóns de mulleres que padecen trastornos causados polo alcol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/03/2019