CRTVG

Buscar

Carlos Pita: "Temos que saír dende o minuto un pola vitoria"

Publicado o 15/05/2019 18:33

O duelo case fratricida entre o Lugo e o Deportivo incomoda pola súa transcendencia a media Galicia futbolística e moito máis a quen, como Dani Mallo, vestiron as dúas camisolas na súa carreira profesional.

Acostumado a soportar o peso da soidade do porteiro e a negociar mentalmente os tempos dos partidos, Mallo pensa que a presión non é a mesma polo título que pola permanencia, e considera clave a súa xestión.

Malia ver as cousas de diferente maneira xa fóra do cruel relato dun vestiario de alto nivel, Dani Mallo non será dos que o pase ben o domingo, pase o que pase.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019