CRTVG

Buscar

Carlos Pita: "A situación do Lugo evidentemente é complicada"

Publicado o 21/04/2021 19:11

O capitán do Lugo, Carlos Pita, a única testemuña do ascenso de 2012 a Segunda División que continúa no equipo branquivermello, desexa non ter que "vivir a sensación dun descenso" nunha tempada en que os lucenses estaban tranquilos e metéronse en posicións de descenso tras unha serie de trece partidos sen gañar.

"Sei o que custou chegar a Segunda, o que custou cada ano manternos, e non quero vivir a sensación de ter un descenso. Temos toda a forza do mundo, imos tentar empuxar e enganchar a todos e que se vexa un grupo forte e unido porque son os que conseguen as cousas. Demostrámolo o ano pasado e hai que volver facelo", comentou.

O xogador coruñés precisou que, aínda que o Lugo nos últimos cursos salvouse a última hora, esta tempada a situación é diferente porque vén de arriba cara abaixo e noutras campañas levaba todo o ano loitando por saír do descenso.

"A situación do equipo evidentemente é complicada. Aínda que nos dous últimos anos estivemos nesta situación, agora é completamente diferente porque fai dez xornadas estabamos nunha situación cómoda e agora, en postos de descenso"

 

Noticias web

21/04/2021