CRTVG

Buscar

Carlos Núñez pon música ao Día Internacional da Danza

Publicado o 22/04/2020 21:19


A gaita de Carlos Núñez pon banda sonora ao reto da Compañía Nacional de Danza para celebrar o próximo 29 de abril o Día Internacional da Danza. O gaiteiro galego interpreta o Bolero de Ravel nesta proposta dos directores do Ballet Nacional de España Joaquín de Luz e Rubén Olmo, que busca a participación, desde a casa, das bailarinas e bailaríns cos hashtags #YoBailoenCasa #DíaInternacionalDanza #challengedanza. Un xeito de celebrar e visibilizar a danza a través das redes sociais.

Noticias web

22/04/2020