Carlos Mouriño valora a temporada do Celta, que cualifica de "malísima"
Publicado o 13/08/2020 16:16
• Pon as olladas no futuro e asegura que quere 5 fichaxes máis
• Desvela que conta con Murillo pero que ve a Rafinha "moi difícil"
Carlos Mouriño repasou a actualidade do Celta marcada por unha decepcionante temporada. Decepcionante no apartado futbolístico. Temporada de sufrimento.
No económico, dez millóns de superávit, aínda que a situación obrigará a un orzamento menor. Mourinho non se agochou ao cualificar a campaña realizada polo equipo.