"Tivemos 16 millóns en perdas esta temporada pero aínda podemos facer investimentos en xogadores"
Publicado o 07/05/2021 19:50
Carlos Mouriño, presidente do Celta, acaparou hoxe todos os focos. Compareceu ante a prensa para sacar peito pola xestión económica. Recoñece que houbo perdas, pero gábase de que o club ten aínda pulmón financeiro para facer investimentos e mesmo algunha fichaxe de calidade