CRTVG

Buscar

Carlos Montes: "O estrés laboral débese, fundamentalmente, á carga e intensidade do traballo e á falta de conciliación"

Publicado o 28/02/2020 11:20

No Bos días falan do estrés con Carlos Montes Piñeiro, presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio de Psicólogos e profesor na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Con el, primeiro, van determinar que é o estrés. En moitas ocasións recorremos a esta palabra para explicar unha situación que nos supera, ás veces cunha carga patolóxica excesiva. O primeiro que hai que dicir é que non é unha enfermidade, senón unha variable, unha resposta adaptativa do noso organismo relacionada con cambios ou situacións. E se falamos do entorno laboral pódese converter nun problema, que hai que solucionar.

"O estrés é unha resposta natural do organismo que nos prepara para a acción, pero no contexto laboral ten un significado totalmente distinto", explica Carlos Montes, e refírese ás "consecuencias da expereriencia do traballo fundamentalmente pola exposición a condicións desaxeitadas".

"En Europa, actualmente, estímase que un de cada catro traballadores está exposto a situacións estresantes de forma prolongada e que poden, polo tanto, ter impacto negativo na súa saúde. Neste momento, en España non ter traballo é un problema para a saúde e ter traballo tamén o pode representar", aclara o profesor Montes, "normalmente por sobrecarga de traballo, dificultades para conciliar, problemas vinculados á intensificación do traballo, que se viron agravados cos anos".

"Vai facer 25 anos da Lei de prevención de riscos laborais, pero aínda non hai un marco xurídico moi desenvolvido no ámbito dos ricos piscosociais, non unha táboa, unha tipoloxía, que nos diga cales son riscos aos que están expostos os traballadores".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020