CRTVG

Buscar

Carlos Lesmes chama aos partidos á renovación urxente do Poder Xudicial

Publicado o 07/09/2020 19:47

O estrito protocolo da cerimonia sumouse este ano ás medidas que esixe a Covid-19. As presidentas do Congreso e o Senado, a vicepresidenta do Goberno e o líder da oposición, foron algúns dos contados asistentes ao acto no Tribunal Supremo.

O presidente desta institución aludiu á necesidade de renovar o órgano dos xuíces, que leva dous anos en funcións, o que considera unha anomalía. Lesmes tamén pediu claridade normativa nas medidas para combater a covid-19.

O Rei inaugurou un ano xudicial que se prevé intenso, con sentenzas coma a de Bankia ou a Gürtel, e as investigacións da Fiscalía sobre supostas comisións na construción do AVE á Meca ou o presunto financiamento irregular de Podemos.

Noticias web

07/09/2020