CRTVG

Buscar

Carlos Iturgaiz chama a aglutinar todas as forzas de dereitas no País Vasco

Publicado o 24/02/2020 19:50

Carlos Iturgaiz regresa á política, di, ilusionado e concienciado de que o momento o obriga a dar un paso adiante. Di que non deixará atrás a ninguén do seu partido e defende que a coalición do PP con Ciudadanos é a única que representa o sentir dos vascos que cren nos valores constitucionais.

Carlos Iturgaiz, candidato a lehendakari de PP+Ciudadanos: "Temos a obriga de defender un proxecto que creo que agora mesmo é o único que hai no País Vasco que cre na defensa das liberdades, da Constitución e de España. Porque outros como o PSOE renunciaron a iso"

Iturgaiz abre a porta aunar forzas tamén con Vox. Desde Madrid apoian a súa candidatura.

 Andrea Levy, PP: "Toda a sorte a Iturgaiz, que, sen dúbida, é a mellor opción constitucionalista en Euskadi"

Ciudadanos non avalía o cabeza de lista elixido polo Partido Popular. Só chama a facer fronte común contra o nacionalismo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020