CRTVG

Buscar

Carlos Fernández recae da súa lesión

Publicado o 26/02/2019 22:04

Malas noticias para o Deportivo, que perde novamente a Carlos Fernández durante unhas semanas. O Deportivo non dá prazas. Pero Fernández xa non estará ante o Alcorcón. O dianteiro sofre unha recaída da lesión no bíceps femoral esquerdo que o mantivo afastado do terreo de xogo dende finais de xaneiro, tras o partido no Molinón. Natxo González perde un futbolista que apenas dispuxo de minutos este 2019 polas continuas lesións musculares.





 

Noticias web

26/02/2019