Carlos Fernández: "Nin moito menos eu son o salvador de nada nin estou por riba de ningún compañeiro"
Tras dous meses no dique, volve Carlos Fernández. Volve a gran esperanza branco e azul.
"Nin moito menos eu son o salvador de nada nin estou por riba de ningún compañeiro. Eu son un máis no vestiario. Este tipo de situacións sácanse arrimando todos o ombreiro. En ningún caso un xogador pode gañar por si só un partido. Só hai un e chámase Messi".
O sevillano volve con fe. O equipo non anda ben pero nada hai perdido.
"Se nós mesmos perdemos a fe faltando once xornadas, apaga e vámonos. Hai que crer. Eu son unha persoa moi positiva e optimista. Coido que, co traballo que estamos facendo, o fútbol váinola devolver porque, por algún lado, sempre a devolve".
Xa que logo, pide borrón e conta nova en Oviedo.
"Non podes estancarte en que se a semanas pasada non fixeches unha ou outra cousa e darte cunha fusta. Tes que analizar os erros, ver en qué se pode mellorar e poñerte a traballar porque o domingo está aquí xa e, como non cambies o chip e vaias a Oviedo mentalizado, pásanche por riba coma avións".
No Tartiere Natxo González podería volver ao rombo. E nel Carlos pode atopar un sitio.