CRTVG

Buscar

Carlos Castro: "Pode ser un pouco máis especial porque son ex-esportinguista, porque é Asturias, é o Oviedo"

Publicado o 22/08/2019 16:45

O Lugo vai debutar o sábado como visitante no novo Tartiere. Os de Eloy Jiménez debutan a domicilio no feudo dun Oviedo chamado a estar na pelexa polo ascenso. No Lugo confían en manter a porta a cero e en ataque, se hai un xogador motivado para este partido, ese é Carlos Castro. O ex do Sporting, que aspira a ser titular, sempre se crece nos duelos ante o Oviedo.

"Digamos que pode ser un pouco máis especial por iso, porque son ex-esportinguista, porque é Asturias, é o Oviedo. Por iso si que pode ser máis especial. Sairemos a gañar. Vai un partido. Contento si, pero hai que seguir na mesma liña, seguir mellorando, por iso adestramos. Ogallá que cos adestramentos consiga máis minutos e axudar o equipo," dixo Carlos Castro, ex-xogador do Sporting, referíndose á visita do Lugo ao Carlos Tartiere.

 

Noticias web

22/08/2019