CRTVG

Buscar

Ciudadanos aposta pola "moderación" e lamenta a suba do independentismo

Publicado o 14/02/2021 23:40

O candidato de Ciudadanos á Presidencia da Generalitat Carlos Carrizosa afirmou que o seu partido non soubo mobilizar o electorado constitucionalista como quixera para o 14F e que seguirá traballando no Parlament "desde a moderación e a capacidade de pacto".  Na súa intervención para avaliar os resultados do 14F, insistiu en que o partido seguirá "facendo o mesmo que fixo desde o ano 2006: defender o constitucionalismo desde o centro, e con absoluta firmeza na loita polas liberdades en Cataluña e a democracia".  Para Carrizosa, é unha mala noticia o aumento de escanos dos partidos independentistas, que considera que non representa a maioría da sociedade catalá: "Non teñen esa maioría social, pero si que van ter unha maioría máis ampla no Parlament".

Noticias web

14/02/2021