CRTVG

Buscar

Cáritas recibe case 5.000 xoguetes para os nenos galegos

Publicado o 26/12/2019 15:31

Cáritas recibiu hoxe os xoguetes recollidos nunha iniciativa solidaria impulsada dende Abanca e Afundación. Tras un mes de recollida, a campaña solidaria 'A ilusión medra cando se comparte' conseguiu recadar case 5.000 xoguetes no ámbito galego.

Segundo declararon hoxe dende Cáritas, en Santiago repartiranse produtos ás 200 familias inscritas entre os días 2 e 3 de xaneiro.

Este é o terceiro ano consecutivo en que a iniciativa só recolle xoguetes sen estrear.

Noticias web

26/12/2019