CRTVG

Buscar

Cáritas denuncia un calote en WhatsApp en que se emprega o seu nome para solicitar datos bancarios

Publicado o 08/04/2020 16:48

Cáritas envía unha alerta sobre o calote que anda en redes sociais na que se emprega o seu nome. Varios dos seus usuarios recibiron mensaxes por WhatsApp en que, en nome da organización benéfica, se ofrecen axudas por 1.000 euros. Neste calote solicítanse números de contas bancarias onde supostamente ingresar os cartos.

Cáritas Lugo denuncia que varios dos seus usuarios recibiron estas mensaxes e quere insistir en que a organización nunca pide información persoal por redes sociais.

Ginés Plaza, director de Cáritas Lugo, di que se está a empregar o nome de Caritas para pedir datos persoais e donacións de alimentos. Afirma que Cáritas non funciona así e que ante calquera dúbida se consulte nas súas páxinas web.

A organización insiste en que nunca pide información persoal por redes sociais.

Noticias web

08/04/2020