CRTVG

Buscar

Cáritas alerta de que case 2,5 millóns de persoas con emprego son pobres

Publicado o 07/10/2020 14:46

Cáritas lanza unha alerta no seu último informe laboral: di que xa hai 2 millóns e medio de traballadores pobres en España. E tamén que cada vez son máis grandes as diferenzas entre as rexións do norte e as do sur do país.

Cáritas pon sobre a mesa que os sistemas de protección pública ao desemprego non se adaptaron aos cambios no mercado laboral. Lembra que en España hai 8 millóns de traballadores con pouca estabilidade, sobre todo, na hostalería e o turismo.

Noticias web

07/10/2020