CRTVG

Buscar

Cardoso: "Temos que buscar o punto de inflexión que nos permita subir na táboa"

Publicado o 10/01/2019 18:07

Novidade na convocatoria do Celta para Vallecas. Emre Mor terá outra oportunidade. Emre Mor entra na lista de convocados. Hulsager queda en Vigo. Miguel Cardoso define o partido co Raio como un punto de inflexión. Inflexión para mellorar na clasificación, para finalizar a primeira volta con sensacións positivas.

Miguel Cardoso, adestrador do R. C. Celta: "É unha Liga que en dous partidos estás arriba e en dous partidos abaixo. O último partido non nos deu a oportunidade de poder estar moito máis arriba. Hai que atopar ese momento de inflexión, de volver ter a posibilidade de mirar cara arriba. O próximo partido é unha oportunidade de subir na táboa, que é o que queremos".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019