CRTVG

Buscar

Cardoso: "Non admito que Sisto estea de risas cos rivais"

Publicado o 08/01/2019 16:18

Miguel Cardoso non agochou o seu malestar polo comportamento global do equipo na derrota co Athletic, pero especialmente sinalou un futbolista. A Pione Sisto. Pione saíu na segunda parte suplindo a Lobotka. E como o resto de compañeiros exhibiu unha alarmante falta de localización.

Non achegou en ataque e por riba a súa actitude chamou a atención no banco. Aí Cardoso explotou. Pedíalle a Pione que contribuira á remonta. Pione non tiña a cabeza no encontro.

 

Noticias web

08/01/2019