CRTVG

Buscar

Os números de Cardoso e os de Mohamed, a análise

Publicado o 13/01/2019 15:01

Con este gol de Benzemá comezou todo. Era a xornada décimo segunda. Celta-Real Madrid. A directiva entrou en fase de desconfianza con respecto ao traballo de Tony Mohamed e, por sorpresa, decide destituílo. Os seus números: discretos.

12 partidos, 14 puntos, 3 vitorias, 5 empates, 4 derrotas... 22 goles a favor, 20 en contra... punto final ao experimento dun técnico sen experiencia en Europa.

Con Cardoso volveu unha aposta arriscada que comezou cunha derrota en Anoeta e a eliminación copeira. Todo ante un Real Sociedade en crise que tamén dest¡tuiría posteriormente o seu técnico. Non semellaba difícil mellorar os números de Mohamed, sobre todo, tras gañar ante o Huesca na casa e ante o Vilarreal no Madrigal, pero no ecuador do campionato os números de Carsoso son peores ca os de Mohamed.

7 partidos, 7 puntos... 2 vitorias, 1 empate, 4 derrotas... 9 goles a favor e 12 en contra... Miguel Cardoso comezará a segunda volta no banco celeste.

Dependencia de Iago Aspas en ataque, centrais en liña de saída ou desmotivados en defensa, cadro de xogadores moi novos, fichaxes que non chegan, ausentes da pasada campaña...

Miguel Cardoso e a directiva teñen tarefa dabondo para 2019.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2019