CRTVG

Buscar

Cárcere para un ex-executivo de Volkswagen polo fraude das emisións contaminantes

Publicado o 07/12/2017 09:53

Nos Estados Unidos, un xuíz de Detroit condenou un ex-alto cargo de Volkswagen a sete anos de prisión pola fraude das emisión contaminantes. Ademais, terá que pagar unha multa de 400.000 dólares. As dúas sancións corresponden á máxima pena que solicitara a Fiscalía. Oliver Schmidt recoñeceu a súa culpabilidade nos enganos das probas de emisións contaminantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017