CRTVG

Buscar

Carballo instala unha urna transparente con todas as cabichas recollidas nas rúas

Publicado o 10/10/2018 21:46

O xesto é moi común entre os fumadores: ao acabar de fumar tiran a cabicha ao chan. Faise e vese a diario, pero non sempre se pensa no seu impacto. Pois o Concello de Carballo quere concienciar diso os cidadáns, e instalou en plena rúa unha urna transparente con todas as cabichas recollidas durante unha semana. A cantidade impresiona.

Non é bo ter un vicio. É malo cando se converte nun vicio grande. E é peor cando prexudicamos os demais. Iso fan moitos con este incívico xesto.

O concello de Carballo amósanos así o que ocorre coas cabichas que acaban no chan. E abofé que urna capta a atención.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018