CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Carballo implanta a 'vermicompostaxe' en fogares, hortos escolares ou centros de ensino

Publicado o 31/01/2018 21:14
Mentres en distintos sitios de Galicia avanza ou se normaliza o emprego de composteiros domésticos, nalgunhas zonas dan un paso máis, cunha iniciantiva pioneira, os vermicomposteiros. Da man de Sogama, estrean programa de compostaxe con lombrigas de terra, nas Pontes e en Carballo.




'Vermicompostaxe': compostaxe na que as protagonistas principais son as lombrigas de tera. Principalmente as 'Ensenia Andrei', as máis empregadas deste tipo de proceso de transformación da materia orgánica en abono natural.

"O único que ten que facer a persoa que quera instalar un vermicomposteiro é recoller a caixa coas lombrigas, que xa veñen no seu hábitat propio. Logo ten que depositar o que leva dentro na primeira caixa do composteiro, que ten tres caixón, e separar ese contido cara un lado. No outro lado do caixón é onde irán depositados os nosos residuos orgánicos que sacamos diariamente do noso lixo. O que podemos botar son verduras, vexetais, tamén picadiñas sen abusar cáscaras de ovo, tamén podemos botar tonas de mazás, de patacas... Cada día un chisco máis ata ter o caixón cheo. Non nos temos que preocupar para nada da lombrigas, elas van comendo o que queren. Segundo se lle vaia acabando a comida nun caixón xa ela soas van subindo ao superiores porque as tapas dos caixóns teñen uns buracos para que ela podan pasar por eles cara as capas superiores. Cando un caixón está cheo apodrece o contido e convértese xa en humus. É un abono, un fertilizante estupendo, que xa nós podemos botar á horta, aos xardíns, ás árbores, ás prantas...", explica Manuel Anxo Pardiñas, responsable do horto ecolóxico escolar de Carballo.

Esta tipoloxía de vermes ten tasas altas dfe reprodución, dixestión e adaptabilidade. Cada unha destas lombrigas pode inxerir cada día o 90 por cento do seu peso e excretar o 60 por cento do restos orgánicos consumidos cmo humos. Este abono obtido é de gran bioestabilidade, con grandes beneficios para o agro favorecendo o crecemento vexetal e en xeral para o chan, mellorando a súa estrutura e esponxosidade, e a súa retención de humidade, facitando o seu desenvolvemento radicular e fornecendo a súa resistencia fronte a pragas e enfermidades.

"A vantaxe que ten, entre outras, este tipo de composteiros, vermicompoteiros, é que non ten que estar na terra, pode pero non é necesario. Así, podemos telo nun patio, nun garaxe, nun pendello... O único importante é que ten que estar nun espazo cuberto para que non se molle. Nós xa o estamos colocando no horto escolar ecolóxico municipal de Carballo. Dentro do proxecto educativo de compostaxe para máis de 1.400 escolares de Carballo, xa hai moitos centros escolares que nos están pedindo que lles coloquemos un, e farémolo", explica Manuel Anxo Pardiñas, responsable do horto ecolóxico escolar de Carballo.

"Polo momento, o Concello de Caraballo xa estamos a repartir estes novos vermicomposteiros entre as primeiras 22 familias do municipio que queren reciclar así, por economía e respecto ao medio natural, os seus residuos orgánicos. Pero xa estamos vendo que hai moitas máis familias interesada, así que ampliaráse, o proxecto ten futuro. Neste proxecto colaboran co Concello de Carballo, Sogama e a empresa Ecocelta. Pero o certo é que en Carballo xa temos en marcha dende hai anos outros proxectos de reciclaxe, como o dos composteiros nos domicilios... Pero non só temos funcionando a reciclaxe de residuos orgánicos, senon de todo tipo de residuos", explica Luís Lamas Álvarez, o responsable da área de Residuos e da Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo.

Nova iniciativa eque se suma á xa establecida en Carballo dos xa familiares composteiros domésticos en máis de 200 fogares e á de recollida selectiva de residuos nas casas. Neste caso, no proxecto piloto participaran preto dunha trintena de familias dun barrio dee Carballo, pero neste ano 2018 habilitaránse máis de 150 colectores específicos para a recollida selectiva, con chave para cada unha da 2.000 familias que vountariamente queran empregalos en Carballo, polo que se instalarán nas rúas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

31/01/2018