CRTVG

Buscar

Carballo, Ferrol e Ordes, berces dos mellores murais de arte urbana

Publicado o 10/02/2020 21:46

Hai cidades e vilas galegas na lista de lugares con mellores graffiti elaborada por unha web que aglutina afeccionados á arte urbana de todo o mundo. Esta páxina salienta concretamente as obras murais que enchen as paredes de Ordes, Ferrol ou Carballo.

Carballo posúe unha ruta turística que percorre as 75 pinturas murais; é froito do proxecto Derrubando muros coa pintura, que naceu en 2013 e que desde 2015 ten un festival de arte urbana, o Rexenera Fest

Carballo aparece canda Ferrol e as súas Meninas de Canido entre os lugares cos mellores graffiti do mundo. Tampouco falta nesta listaxe a localidade de Ordes, co seu propio festival DesOrdes Creativas. As obras das tres localidades figuran nunha web creada por afeccionados á arte na rúa. A plataforma conta cunha aplicación para móbil en que a comunidade leva rexistrados máis de 15.000 murais globais.

A arte urbana galega faise global por medio das novas tecnoloxías.

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020