CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Carballo está de estrea nos seus murais contra o feísmo urbano

Publicado o 19/11/2015 14:12

Carballo está de estrea nos seus murais contra o feísmo urbano.
É a obra do Mighelo, pintor local, que cobre a fachada lateral dun edificio e que atrae a atención de viandantes e condutores.

Carballo exhibe unha fachada máis digna de observar e de admirar dentro do programa Derrubando muros con pintura. Quen pasa esta mañá pola rúa Vila de Negreira observa sorprendido o cambio de aspecto que logrou o artista carballés o Mighelo.
Coa súa creatividade reflectiu aquí algo do que pasa nestes momento no circo da vida. A procura da liberdade, sempre querida e tantas veces cara, desde o nacemento ata a morte.

O dono do edificio contemplaba a obra e amosábase moi satisfeito.

Algún condutor ao ver o mural mesmo parou para preguntar onde se podía apuntar para ofrecer unha fachada co mesmo fin.
E encantados están tamén os veciños da rúa.

Con este xa son máis de vinte os murais que veciños e visitantes de Carballo poden contemplar mirando o que antes eran paredes con aparencia de abandono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí