Carballeira: "O Barça era o favorito pero aí estamos nós"
Publicado o 27/11/2020 20:32
En hóckey a patíns, o Liceo, líder, invicto e cun partido aínda pendente, viaxa a Sant Sadurní d'Anoia, Barcelona, para medirse ao Noia. Os cataláns veñen de perder na pista do Lloret, o que os fixo descender ata a sexta posición. Ten toda a presión o Barcelona. Un novo tropezo dos azulgrás separaríaos demasiado dos coruñeses. Visitarán o Lleida, que vai só dous puntos por debaixo. César Carballeira di que o favorito é o Barça, pero cando os liceístas levan tantos anos aí arriba quizais non estea tan claro.