Carballeda de Valdeorras sumarase aos concellos do Grove e A Pobra do Caramiñal con restricións máximas
Van aumentar tanto os municipios con restricións máximas como os que teñen restricións altas. Imos velo máis polo miúdo.
Así quedará o mapa a partir do luns. Carballeda de Valdeorras sumarase aos concellos con restricións máximas, que son o do Grove e o da Pobra do Caramiñal.
Quedará polo tanto pechado perimetralmente. Con respecto aos que están en nivel alto, pasan de seis a oito. Abandonará este grupo o concello de Rábade e pasarán a incorporarse os de Barreiros, Boimorto e Boiro, que se suman aos que xa están na listaxe da Illa de Arousa, a Pobra do Brollón, Carral, Monterrei e O Irixo.
A listaxe dos concellos en nivel medio, en amarelo no mapa, pasa de 11 a 14. Engádense á listaxe As Neves, Noia, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova e Rábade. O resto de Galicia continúa no nivel medio-baixo.