CRTVG

Buscar

Caravana de tractores e carreira de motos de centos de Papá Noel para celebrar o Nadal na illa de Man

Publicado o 18/12/2020 17:04

Na illa de Man repetiron a caravana de tractores, totalmente engalanados con motivos destas festas, que cada ano colle máis pulo. Xa van poa terceira edición.Unha boa idea para importar nunha terra con moito tractor como a nosa. Foi todo un éxito de público.

Na Illa de Man fan tamén unha das carreiras de motos máis espectaculares do mundo. Alí xuntáronse tamén centos de Papá Noel precisamente montados nas súas motos e deron unha volta por toda a illa revisando as chemineas e demais para ter todo ben organizado na noite do 24.



 

Noticias web

18/12/2020