Zigzag Diario
'Cara de velocidade', de Marga Tojo: poesía para nenas con superpoderes
Publicado o 21/03/2018 17:14
Seguimos falando de poesía. Onte recolleu na cidade de Orihuela o X Premio Internacional de Poesía para Nenas e Nenos a xornalista e poeta galega Marga Tojo. Recibiu o galardón na cidade natal do poeta Miguel Hernández polo libro 'Cara de velocidade', publicado simultaneamente en galego e castelán.