CRTVG

Buscar

Capturados dous cans que atemorizaban unha aldea de Padrón

Publicado o 09/07/2020 13:57

Unha empresa dedicada á xestión ética dos animais abandonados conseguiu capturar dous dos tres cans que andaban atemorizando os veciños nos últimos días por unha aldea de Padrón, e dos que xa falamos aquí o luns.

Os cans andaban soltos pola aldea de Areal, no lugar da Picaraña, sen que ningún veciño saiba explicar quen os ceibou. Neste tempo chegaron a atemorizar a xente porque eran violentos e chegaron a atacar outros animais.

Mataron ovellas, gatos e unha cadela dun rapaz de doce anos que mesmo presenciou o ataque. A empresa especializada que capturou estes dous contou coa axuda dos veciños.












 

Noticias web

09/07/2020