CRTVG

Buscar

Está aberta na sede da SGAE a capela ardente de Camilo Sesto

Publicado o 09/09/2019 13:30

"Has vuelto Melina, alza tus manos hacia Dios", esta foi a estrofa da canción que varias decenas de persoas cantaron mentres o féretro cos restos mortais de Camilo Sesto, falecido onte aos 72 anos, chegaba esta mañá á sede da SGAE, onde será velado todo o día.

Aínda que o público non puido acceder á capela ardente do cantante ata as 11 varias decenas de persoas esperaban desde primeira hora da mañá, como Carla, unha moza que xunto á súa nai foi a primeira en chegar ao palacio de Longoria procedente de Barcelona, de onde saíron en autobús onte á noite ás 11 da noite.

Segundo adiantaron fontes da SGAE, será na sala Manuel de Falla do palacio onde se instalará a capela ardente de Camilo Sesto, onde se puxo, ademais, un piano de cola e unha gran fotografía do cantante.

O intérprete de éxitos como Vivir así ou Perdóname faleceu onte nun hospital madrileño por mor dunha complicación renal.

Camilo Sesto, nome artístico de Camilo Blanes Cortés, foi un ídolo de longa e exitosa carreira en que vendeu millóns de discos -foi o primeiro cantante español que logrou o disco de platino-, rexistrou máis de 340 obras e publicou 40 álbums cos que conseguiu cincuenta números 1 en distintos países

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019